Este ano celebramos a XXV Feira do Viño do Rosal, os días  14, 15 e 16 de xullo  na Praza do Calvarioque unha vez máis reúne a numerosas empresas vitícolas xa consolidadas e outras máis novas en período de crecemento. Esta feira ten un dobre obxectivo de promoción empresarial, por un lado, e de promoción turística, por outro.
A feira que está consolidada recibe anualmente, segundo os datos dos últimos anos, unha media de 30.000 visitas que degustan os viños que se producen nesta comarca, amparados na denominación de orixe Rías Baixas, pero tamén desfrutan dunha gran variedade de produtos típicos da zona e actividades paralelas que completan a oferta lúdica neses días centrais do mes de xullo.
A Inauguración levarase a cabo o venres 14, ás 20:00 horas, na Praza do Calvario.
A persoa encargada de inaugurar a Feira será o Presidente do Consello Superior de Deportes, D. Jose Ramón Lete Lasa.
Pola súa banda, o encargado de facer o pregón este ano será a bodegueira Rosa Ruíz Puga.
Este ano con motivo da XXV edición dende a organización quixemos darlle un novo impulso a feira invertindo, un pouco máis se cabe, en diferentes aspectos da feira como son:

•    Realización de programas de man.
•    Colocación de varias vallas publicitarias, banderolas, lonas, carteis por todo o baixo miño e valmiñor.
•    Importante inversión na ambientación musical e iluminación da feira.
•    Renovación do eido musical. (Música tradicional galega a mediodía e música dos 80’s e 90’s  pola tarde-noite)
•    Introducción de novas actividades como o monólogo do sábado pola tarde.
•    Mención especial a exposición de carteis das XXV edicións da feira do viño do Rosal e os 1.500 cataviños serigrafiados para a ocasión.
•    Ampliación do servizo de bus á feira dente Baiona e Tui sumándo se o da Guarda.
•    Novas incorporacións (stand de Cazapitas)

PROGRAMACIÓN FEIRA DO VIÑO 2017

    • Venres, 14 de xullo de 2017

20.00 Inauguración a cargo do Presidente del Consejo Superior de Deportes, D. José Ramón Lete Lasa.
20.10 Pregón a cargo da bodegueira Rosa Ruíz Puga
20.30 Visita ós expositores e degustación de viños do Rosal
23.00 Actuación musical a cargo de “Terapia de Grupo
02:00 Peche da Feira

    • Sábado, 15 de xullo de 2017

11:00 Carreira de nenos
13:30 Grupo de música tradicional galega “Grupo de Gaitas Airiños do Folón
20:00 Monólogo no auditorio a cargo dun dos cómicos máis coñecidos do panorama galego, de Pepo Suevos, monólogo onde relacionará o deporte co viño do Rosal.
Venta anticipada en diferentes puntos de venta.
23.00 Actuación musical a cargo do grupo “San Rockers
02:00 Peche da Feira

    • Domingo, 16 de xullo de 2017

10:00 Andaina 10k
11:00 Carreira 10K
13:30 Grupo de tradicional galega “O Trebón dos Xidos
18:30 Actuación musical a cargo do grupo “La Patrulla
24:00 Clausura da Feira

    • EXPOSICIÓNS

EXPOSICIÓNS do 14 ao 25 de xullo na Sala de Exposicións do Concello e local anexo.

HORARIO:
De luns a venres: de 11:00 a 13:00 horas
Sábados, domingos e festivos: de 11 a 13:00 e de 20 a 22 horas

Mostras de Escultura, Pintura, Fotografía e Carteis anunciadores destes XXV anos de Feira.

XIV Mostra Numismática e Filatélica do Grupo “Val do Rosal” que este ano en conmemoración da XXV edición da feira do viño editaron un matasellos e selos para a ocasión. Alfonso (986 625682 e 659298335)

    • SERVIZO DE TRANSPORTE Á FEIRA DO VIÑO DO ROSAL

Unha das novidades desta XXV edición é a ampliación do servizo de transporte entre O Rosal, Baiona e Tui, ademais do da Guarda que xa se viña realizando dende hai anos. O prezo oscilará entre 1€ e 2€ dependendo do traxecto.