O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, e a alcaldesa, María del Carmen Alonso, trasladáronse ata á subida ao Niño do Corvo en San Miguel de Tabagón co obxectivo de comprobar o inicio dos traballos de execución dunha nova senda peonil no tramo de vial de reposición de acceso motivado pola execución da obra CG-4.2 que enlaza esta parroquia con Valdemiñotos. Estes traballos contan cun orzamento de 48.300 euros.
En total, executarase unha senda peonil de 430 metros de lonxitude dende a subida ao Miño do Corvo ata a estrada de Morán, aplicándose formigón coloreado, salvo no paso superior sobre a CG-4.2 onde se estenderá un microaglomerado coloreado. Tamén se instalará un colector para recollida das augas de drenaxe e unha canalización para a preinstalación do alumeado.
Esta senda enlazará posteriormente coa que o Concello do Rosal e a Deputación de Pontevedra executarán pola EP-3302 ata a estrada de Morán.

Fotografía aérea da zona.
Trazo azul discontinuo: senda peonil iniciada hai tres días pola Xunta de Galicia.

SENDAVALDEMIÑOTOSAEREA.jpg