SERVIZOS SOCIAIS

Concello do Rosal
Praza do Calvario 1
36770 O Rosal
Pontevedra – ES
Tfno.: +34 986 625 000 – Fax: +34 986 626 034
Correo: serviciossociais@concellodorosal.es
Horario: de 8:00 a 15:00 horas (Atención o publico martes, mercores e xoves)

Os Servizos Sociais municipais son o sistema de protección social máis preto da cidadanía e do seu ambiente familiar e social, que ten como obxectivo principal prestar axudas que favorecen a participación, integración e benestar social das persoas, especialmente daqueles que están ou corren o risco de estar en situación de carencia ou marxinación.Algunhas das prestacións e tarefas propias dos servizos son:- A análise da realidade para a detección das necesidades e carencias sociais- Información, asesoramento e orientación ós individuos e grupos e á comunidade en xeral sobre os dereitos, obrigas e recursos existentes en materia de servizos sociais-A inclusión social dos membros marxinados e excluídos da comunidade
-A prevención de problemáticas sociais no ámbito da comunidade.
Traballando no departamento están unha traballadora social e unha educadora familiar que desenvolven programas e facilitan o acceso das persoas aos recursos sociais existentes nas diversas áreas: familia, infancia e mocidade; persoas con discapacidade; persoas maiores; emigrantes e inmigrantes; prevención e inserción social e voluntariado, etc.
O Programa de Educación Familiar ven desenvolvéndose no concello do Rosal dende setembro de 1999, e o seu obxectivo fundamental é o traballo coas familias para paliar situacións de risco.
Debido á problemática de marxinación social, desemprego crónico, familias monoparentais sen ingresos, conflictos e falta de entendemento pais-fillos, conflictos matrimoniais, etc… é necesario un traballo continuado.
O procedemento a seguir leva implícito a intervención coas familias no seu propio domicilio,a elaboración de propostas según a problemática (colaborando sempre que sexa posible con outros recursos da zona), orientación e asesoramento en distintos temas, e por último seguimento do desenvolvementoda familia cara á súa autonomía.