PR-G94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón

 

Esta pequena ruta fará gozar ao visitante dun atractivo percorrido polos coñecidos muíños do Picón e do Folón, hoxe declarados Bens de Interese Cultural. Estas construcións, situadas dentro deste municipio de fermoso e fragante nome, asíntanse nunhas ladeiras que serven de magnífico miradoiro sobre O Rosal.
Os muíños destacan pola impoñente marabilla de enxeñería tradicional que mostran, así como polo seu aparentemente fráxil equilibrio sobre as costas onde se atopan. Ademais a súa contorna, coidado con esmero, permite ver multitude de especies vexetais especialmente favorecidas pola bonanza do microclima da zona.
Na procura dos antigos sons das “moas” e dos “rodicios”, os camiñantes poderán conseguir, desde as alturas, unhas magníficas vistas de singular beleza sobre o monte Santa Tegra e sobre o Miño.

PR-G94 Rota dos Muíños do Folón e do Picón

Dificultade: Baixa
Lonxitude: 3,5 km
Duración: 1 hora
Percorrido:A Ponte das Penas – Molinos del Picón – Molinos del Folón – A Ponte das Penas.
Punto de Partida/Chegada:A Ponte das Penas. | A Ponte das Penas – UTM:29T X:513600 Y:4645160