INFORMACION XUVENIL

Oficina Municipal de Información Xuvenil

Concello do Rosal
Praza do Calvario 1,
36770 O Rosal
Pontevedra – ES
Horario: De luns a venres de 8:00 a 15:00h
Tel.: 986 62 50 00 – Fax: 986 62 60 34
email: informacionxuvenil@concellodorosal.es


A Oficina de Información Xuvenil pertence a Rede Galega de Información e Documentación Xuvenil, dependente da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.Dende a Oficina de Información Xuvenil, informarmos e asesoramos sobre temas como; bolsas de estudos, voluntariado, formación, concursos, idiomas, campamentos, programas da Dirección Xeral de Xuventude, etc, pero ano a ano a O.M.I.X. abriu o seu campo de actuación, referímonos a organización de actividades, dirixidasa tódala poboación do Rosal.
Durante estes anos o traballo da Oficina de Información Xuvenil foise perfilando e seguirá nesta liña, informando e asesorando sobre temas relacionados coa mocidade e promovendo un programa integral de animación sociocultural dirixido a tódala poboación.
Recordamos tamén que a O.M.I.X. expide o carné xove para menores de 26 anos