Participación, compromiso e satisfacción como resultado da programación do 25N no Rosal.
Durante  os meses de outubro e novembro foron moitas as actividades educativas, culturais e de concienciación social programadas polo Concello do Rosal.
Dun xeito especial traballouse cos centros educativos e xente nova do concello, facendo unha aposta pola educación, a formación e a concienciación.
ACTIVIDADES NOS CENTROS EDUCATIVOS, dos que se beneficiaron 235 nenos e nenas do concello, coa completa convicción de que é o traballo con eles e elas é o medio para acadar cambios na sociedade.
IGUALDADE CON PRIMARIA: 71 nenos e nenas con idades entre os 6 e os 8 anos do CRA María Zambrano e do CPI Suárez Marquier.
PROXECTO BAMBÚ CON SECUNDARIA: 57 mozos e mozas de 1ºESO.
OBRADOIROS DE AFECTIVIDADE E SEXUALIDADE: 107 mozos e mozas de 2º e 3º ESO.
EXPOSICIÓN “Á VIOLENCIA DILLE NON”: exposta durante o mes de novembro no CPI.
EXPOSICIÓN MAR CALDAS 100% CONTIGO: Outra banda importante foi a campaña de visibilización e posta en valor das mulleres do Rosal a través da exposición 100% contigo, que a artista Mar Caldas levou a cabo durante este verán en diferentes espazos e que deu como froito unha exposición na que a muller do Rosal era a auténtica protagonista. 78 mulleres foron fotografiadas, e onte, 25 de novembro foron homenaxeadas nun acto no que se proxectou o video e se entregaron as fotografías.
EXPOSICIÓN “ACHEGA DAS MULLERES Á SUSTENTABILIDADE DO MAR”, no Salón de Exposicións do Concello do Rosal entre o 20 de novembro e o 3 de decembro.
II CONCURSO DE HAIKUS: Poemas de 3 versos con temática contra a violencia de xénero. Resultaron gañadores Teodosio González na categoría adulto, e Naomi Baz na categoría infantil. Onte 25 de novembro, a alcadesa do Rosal, Mª carmen Alonso Alonso entregou un ebook como agasallo a cada gañador e volorou á súa capacidade de plasmar nun poema a loita contra a violencia de xénero.
EU TOMO PARTIDO E TI?: Este ano parte do equipo de Acanor Novás colabora neste proxecto que pretende visibilizar e posicionarse en contra da  violencia de xénero. 10 persoas entre xogadores e directivos do Acanor Novás de balonmán decláranse abertamente contrarios á violencia exercida contra as mulleres e rexeitan calquera tipo e agresións. Os carteis están expostos  entre o comercio local.
LUCES MORADAS EN EDIFICIOS PÚBLICOS: como en anos anteriores varios edificios estiveron iluminados de morado durante a semana de conmemoración do 25 de novembro.
COMERCIO LOCAL CONTRA A VIOLENCIA: Durante o mes de novembro permanecerán nos seus establecementos os carteis de Eu tomo partido e ti?.

O Rosal segue traballando e apostando pola formación e a concienciación, non se queda únicamente na data concreta senón no traballo constante ao longo de todo o ano.