O Concello instalou 8 novos colectores para a recollida do aceite de cociña usado. Así, o total de colectores de este tipo repartidos polo concello ascende a 13, achegando a posibilidade de reciclar este produto a toda a veciñanza.

A localización destes colectores pode consultarse na seguinte ligazón:

Mapa colectores aceite

Ademais, nos próximos días engadiremos na web do concello un mapa a través do cal poderase consultar a localización dos diferentes colectores de recollida selectiva (envases, vidro, papel, aceite e roupa).