Sara Álvarez, coñecida futbolísticamente como “Muñi”, actualmente xogadora do SCDA Matamá pero formada na canteira do UD Ribera do Rosal, foi convocada coa selección española sub 16 para xogar un torneo en Francia do 16 ao 22 de abril. Muñi comparte convocatoria con xogadoras de clubes tan importantes como o Barcelona e o Atlético.
Las xogadoras concentraranse o luns 15 de abril na Ciudad del Fútbol e viaxarán ao día seguinte con destino a Francia, onde espera o seguinte calendario de partidos: España-China (17 de abril), España – República de Corea (19 de abril) e Francia-España (21de abril).