O Concello do Rosal quere organizar unha EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍAS ANTIGAS, polo que pedimos a todas as persoas do Rosal, que nos acheguedes fotografías antigas que fagan alusión á escolarización da muller.Buscamos fotografías de mulleres na escola, con compañeiras, mestras, soas ou acompañadas, entre os anos 40 e 80.
Con estas fotografías organizaremos unha exposición con motivo do Día Internacional da Muller o 8 de marzo. A exposición será inaugurada uns días antes e estará aberta ó público durante todo o mes.
Queremos facer un chamamento a toda a poboación para que participe nesta actividade. Estamos seguros de que en cada casa consérvanse fotografías de graduación, das escolas de Dona Pilar e Dona Leonor ou Don Emilio e Don Santiago, das unitarias de cada barrio, etc.
As fotografías poderán entregarse no mostrador do concello en horario de mañá, na biblioteca municipal en horario de tarde ou poderán ser enviadas ó correo electrónico educacionfamiliar@concellodorosal.es.
Nos puntos de recollida encherase unha ficha na que figurará: data de entrega das fotografías, datos persoais de quen as entrega (nome, enderezo e teléfono de contacto), a relación detallada das fotografías cun pequeno texto que permita a localización, datas aproximadas e comprensión da mesma.
Esta actividade non é un concurso, polo que as fotos non compiten, e todas serán benvidas. No caso de que o número de fotografías exceda a capacidade do recinto de exposicións farase unha selección en base o interese das mesmas.
O prazo de presentación termina o 22 de febreiro de 2017.
As persoas que participan nesta actividade, coa súa achega están a autorizar a publicación das fotografías nos medios empregados para esta exposición. Cada fotografía será reproducida, quedando o concello cunha copia e devolverase a orixinal á persoa propietaria nun prazo máximo de dous días.
Esperamos que coa exposición fagamos unha homenaxe a todas as persoas que aparecen nas fotografías, xa que forman parte da historia recente do Rosal.