MERCADO DE NADAL
ARTESANÍA E AGASALLOS NO CONCELLO DO ROSAL
Datas: Sábado 8 e domingo 9 de decembro
Horario: de 11.00 a 20.00 h.
Onde: Salón de Exposicións do Concello do Rosal
No Mercado de Nadal haberá postos de artesanía, obxectos e agasallos para as festas, cunha representación moi ampla da artesanía local e tamén haberá espazo para os máis pequenos que poderán escribir e pintar a súa carta dos Reis Magos.