1º Torneo de F8  adaptado no campo de fútbol Municipal da Mata. 1 de decembro ás 16.30 h.
Con motivo do próximo Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o Concello do Rosal e UD Ribeira en colaboración coa Federación Galega de Deporte Adaptado ( FGDA), celebrará este sábado 1 de decembro ás 16.30 h da tarde un evento integrador co obxectivo de normalizar a práctica de fútbol no colectivo de persoas con discapacidade intelectual.
Para iso contaremos coa presenza de dous equipos do RC Celta e un combinado galego da FGDA.