Desde o luns día 8 de abril estará aberta ao público a exposición de fotografías “MULLERES NA HISTORIA” que nesta ocasión fará referencia ao río e as súas costumes, afeccións e os traballos relacionados con el.
Estará aberta todo o mes de abril e o seu horario será pola mañás de 10.00 a 14.00 e polas tardes de 16.00 a 20.00 h.

Queremos agradecer a tódalas persoas que colaboraron coa achega das fotografías e que permiten que o concello poda realizar esta exposición e esta sexa a súa cuarta edición.
A súa colaboración é fundamental para que poidamos desfrutar toda a veciñanza deste tesouro fotográfico.

Este ano hai colgadas 64 fotografías de moitas situación diferentes: ocio no río, pesca do meixón e da solla, mulleres recollendo “jramón” no Turrueiro, persoas indo ás “jallas”, fotografías do Muiño das Aceñas e do Aserradeiro do Tamuxe dos anos 50, etc.
E acompañando á exposición de fotografías está exposta unha pequeña mostra dos aperos empregados na pesca do río, redes lampreeiras, de meixón e sollas, así como un viveiro ou rizóns.

Esperamos que conte con tanta afluencia como en anos anteriores e desexamos que sexa de agrado a todas e todos os vecinos.