¡Chega o Nadal! Unha época de incribles celebracións, reunións, comidas, agasallos e viaxes. Pero tamén son estas unhas datas de excesos, os cales non só se notan ó tentar pechar a roupa en xaneiro, senón tamén no medio ambiente. A pegada ecolóxica que deixa o Nadal é moi grande, pero pode ser reducida con pequenos xestos cotiás.

Por iso deixamos estes prácticos consellos que nos ofrece SOGAMA para evitar ó máximo a xeración de refugallos. Lembrade que todas as nosas accións repercuten na natureza; dende o consumo enerxético na iluminación, calefacción e transporte ata a propia planificación dos menús e xestión da neveira.

¡Bo Nadal a todas e todos!