Hoxe, luns día 10 de decembro ás 12:00 horas terá lugar no salón de plenos do Concello do Rosal unha rolda de prensa organizada pola Agrupación Musical do Rosal.
Nela darase información sobre o acto que terá lugar o día 16 de decembro ás 17:00 horas no Auditorio do Rosal. Neste ocasión trátase do espectáculo infantil e familiar “A Gata con Zocos“, comedia musical que estará a cargo da banda de música da Agrupación Musical do Rosal e da compañía teatral “A Cova das Letras”.
Na rolda de prensa participarán María del Carmen Alonso, alcaldesa do Concello do Rosal e José Javier Bascoy, director da Agrupación Musical do Rosal.