CINEMA ” WONDER” 27 de decembro de 2018 no Auditorio Municipal ás 17.00 h

SINOPSES:
Auggie Pullman ( Jacob Tremblay) é un neno que naceu cunha malformación facial. Agora, tras dez anos de hospital en hospital e de longos períodos na súa casa, terá que facer fronte a un gran reto: asistir por primeira vez á escola. Grazas ao apoio dos seus pais, Isabel (Julia Roberts) e Nate (Owen Wilson), Auggie tratará de encaixar entre os seus novos compañeiros e profesores, demostrando que a pesar do seu físico é un neno como outro calquera.