O Concello do Rosal organiza o Campamento de Nadal co principal obxectivo de conciliar vida familiar e laboral a través de actividades educativas e lúdicas coas que dinamizar o tempo libre tras rematar o período lectivo.
DESTINATARIOS/AS
Rapaces e rapazas de entre 4 (nacidos/as no 2014) e 12 anos, cumpridos no momento da inscrición ao campamento que reúnan as seguintes circunstancias:
• Empadroados/as no Rosal (comprobarase que os menores inscritos/as están empadroados no concello)
• Non empadroados/as no Rosal pero que o seu pai, nai, titor, titora traballe ou posúa un negocio no Rosal.
NÚMERO DE PRAZAS E LUGAR DE CELEBRACIÓN
O número de prazas ofertadas son 15. A actividade desenvolverase en instalacións municipais.
DURACIÓN E HORARIO
O campamento desenvolverase os días 26, 27 e 28 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro de 9:00 a 14 :00 horas.
PREZO: O campamento de nadal é gratuito.
SELECCIÓN DE PARTICIPANTES
No caso de que se superen o número de prazas ofertadas valoraranse os seguintes aspectos:
• Pai /nai / titor / titora do/a menor estean traballando.
• Pertencer a unha familia monoparental
• Pertencer a familia numerosa
No caso de igualdade de condicións entre varias solicitudes terase en conta a orde de inscrición da solicitude.
O Concello do Rosal reservará un número de prazas para colectivos en situación de especial vulnerabilidade se así o estima oportuno.