En vindeiras datas celebrarase o Nadal e, con tal motivo, o Concello do Rosal quere organizar o concurso “Decora o teu comercio local” co fin de fomentar a creatividade e a destreza dos veciños e veciñas na arte da decoración de Nadal no comercio local.
1ª.- Poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. O tipo de decoración/adorno, tamaño, materiais e técnicas empregadas será libre.
2ª.- A decoración (belén, árbore….) será colocado no comercio local que o participante desexe, por rexistro de entrada, entre os días 14 e 15 de decembro. O comercio terá para tal fin un espazo axeitado.
3ª.- Os traballos exhibiranse ata o día 6 de xaneiro de 2019.
4ª.- A retirada dos traballos deberá efectuarse o 7 e 8 de xaneiro de 2019 de 9.00 a 12.00 horas ou no horario acordado co propio comercio, perdendo o dereito sobre os mesmos no caso de non facelo.
5ª.- Establecerase unha única categoría de adulto a partir dos 18 anos e haberá un único premio dun vale de compra por valor de 100€ no comercio do Rosal.
6ª.- O xurado estará formado por tres membros da ACOR e dous membros do Concello do Rosal.
7ª.- A orde no rexistro de entrada do concello permitirá escoller ó comercio local onde o participante exporá o seu traballo de nadal.
8ª.- O fallo do xurado realizarse antes do 24 de decembro.
9ª.- A Organización resérvase o dereito de publicar fotografías dos decorados navideños participantes en calquera medio que estime oportuno.
10ª.- Prazo e lugar de inscrición no concurso dos decorados de nadal, ata o día 12 de decembro no Concello do Rosal

  • DOCUMENTOS RELACIONADOS
  1. 20181204_bases concurso decora o teu comercio local