Patrimonio natural. Patrimonio arquitectónico e etnográfico

A Aula da Natureza do Muiño das Aceñas atópase nun antigo muiño de auga con vivenda de finais do século XIX, restaurado para servir de centro de interpretación da zona. Na beira do Rio Tamuxe, está rodeado por unha área recreativa de gran beleza no curso baixo do citado río.

Trátase dun enclave único para aqueles que busquen un espacio natural ó aire libre para o descanso, o esparcemento, pasear, andar en bicicleta ou pasar o día en familia.

Localización:  41°55’21.7N  – 8°49’32.5W