Jesús María Fernández PortelaComo Alcalde do Concello do Concello do Rosal, teño a satisfación e tamén a obriga de non deixar pasar de largo a oportunidade que nos ofrecen as novas tecnoloxías para poder estar todos un pouco máis preto.

É por isto, polo que decidimos poñer en marcha a páxina web do noso concello, para que tanto os que están a escasos metros como os que están a miles de quilómetros se poidan sentir integrados e tamén máis implicados na evolución e nos problemas do noso pobo.

Espero que empreguen este servizo non só para mantérense informados, senón tamén para que a través das súas ideas e suxerencias, se poida mellorar a nosa xestión co fin de construír entre todos ese lugar ideal que estou seguro todos soñamos algunha vez.

Quero tamén aproveitar a ocasión para mandar o abrazo máis agarimoso a todolos veciños/as do Rosal.

Unha forte aperta do voso amigo e alcalde

Jesus María Fernández Portela