AEDL

AXENCIA DE EMPREGO E DESENVOLVEMENTO LOCAL

Concello do Rosal
Praza do Calvario 1
36770 O Rosal
Pontevedra – ES
Tfno.: +34 986 625 000 – Fax: +34 986 626 034
Horario: de 8:00 a 15:00 horas (de luns a venres)
Email: aedl@concellodorosal.es


Neste servizo realízanse tarefas orientadas a facilitar información e formación en diferentes eidos sempre tendentes a mellorar as condicións de vida socioeconómicas dos veciños do Rosal. Esta oficina é unha entidade de promoción económica de ámbito municipal e tamén tramita, nese ámbito, expedientes do propio concello que repercuten indirectamente no desenvolvemento local.

-Programar e impartir cursos de formación ocupacional (Plan F.I.P.)
-Desenvolver a programación da Escola Taller ou do Obradoiros de emprego.
-Contratación de desempregados ou de empresas a través das diferentes liñas de promoción do emprego da Xunta: Programa Labora e outros Programas de Cooperación
-Facilitar información e asesoramento a tódalas persoas que desexen crear unha empresa, en relación a: axudas e subvencións, formas xurídicas, trámites de constitución…
-Constitucións e modificacións de asociacións (socio-culturais, deportivas…) e remisión de información que poida ser do seu interese, sempre que estean inscritas no Rexistro Municipal de Asociacións
-Informaciónd e Programas de axudas específicas para empresas: EMEGA, traballadores autónomos, iniciativas locais de emprego…
Información e tramitación de outras subvencións: rehabilitación e reconstrucción de vivendas no medio rural, pequeno comercio, artesanía, turismo rural…