O vindeiro domingo 25 de novembro ás 12.45 h terá lugar no Salón de Exposicións do Concello do Rosal, a proxección do video “100% contigo” da artista audiovisual Mar Caldas.100% contigo é un proxecto co que se quere convidar a tecer e soster lazos de solidariedade entre nós, desde unha vontade política de xénero. Traballarase co contexto, tentando involucrar á comunidade.

Mar Caldas
Doutora en Belas Artes pola Universidade de Vigo, na que actualmente imparte docencia. No seu traballo artístico destaca o uso da fotografía, o texto e o vídeo. Interesada polas políticas da representación e pola mirada do espectador, na súa obra tratou cuestións como o voyeurismo, a subxectividade, as relacións interpersoais ou os roles de xénero.

Aproveitaremos a ocasión para facer entrega dos premios ás personas gañadoras do II Concurso de Haikus do Concello do Rosal.